jueves, 9 de julio de 2009

¡BENVIDOS!

Campamento de Verán, Albergue Xuvenil Fundación Ramón Gonzalez Ferreiro.

Dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos, o campamento de verán de Paciños aglutina nas suas actividades diferentes obradoiros e actividades que van dende a educación ambiental, música, teatro, inglés, visitas culturais a Allariz, O Rexo... todas elas animadas con xogos, cancións, música e veladas.

Afincado no Concello de Allariz, a Fundación Ramón Gonzalez Ferreiro mantén unha estreita colaboración co Concello de Allariz, que levou a posta en marcha de importantes proxectos para o municipio. Na actualidade, son moitas as institucións coas que existe colaboración e que dan mostra non só da importancia das actividades que se están a desenvolver, senón da apertura dun abano de áreas nas que actualmente desenvolve o seu traballo: Caixanova, Asociación Téxtil de Galicia, Asociación de Ovino-Caprino de Galicia, Instituto de Desarrollo Agrario do País Vasco, Sociedade Española de Medicina General, Universidade de Santiago. Dende 1986, a Fundación Ramón Gonzalez Ferreiro está declarada de interese galego, recoñecida e clasificada como benéfico-docente pola Consellería de Educación.
A Fundación Ramón González Ferreiro ten a súa orixe na vontade de Don Ramón González Ferreiro, natural da aldea de Paciños, no municipio de Allariz. Por desexo expreso del, a Fundación que leva o seu nome, pasa a ser herdeira de todo o seu patrimonio no mamento do seu falecemento, acontecido en xullo de 1980, ao mesmo tempo que fíxa os seus obxectivos, que van a enmarcarse fundamentalmente na actividade educativa. Inicia así, esta Fundación, unha importante andaina, que persegue dar resposta, non só as necesidades de Allariz como comarca, senón a algunhas das que Galiza require.

Dende o equipo de Paciños queremos darvos a benvida o que será a partir de agora o recuncho onde poderemos estar en contacto e, entre outras cousas, poder recordar os momentos que neste máxico sitio deixaron pegada en todos nós. A intención deste blog e crear un punto de encontro a modo de extensión do campamento para que, inda que sexa cunha fotografía ou cun comentario de calquera de vós, Paciños siga latente. A todos os que compartichedes todos eses momentos con nós, GRACIAS!

1 comentario: